Lugo10

EuroClusTex

EmpregaTex

Noticias del Sector | Comunicados | Dossier de Prensa

NOTICIAS. DOSSIER DE PRENSA

Cerca de 400 personas se preinscribieron para participar en el programa Empregatex para recolocar a parados del textil 10.04.2010 A Xunta realizou catro actividades informativas, ás que asistiron ao redor de 500 persoas

As xornadas realizáronse en Vigo, Lalín, A Coruña e Ourense, dado que son as localidade máis afectadas pola perda de postos de traballo neste sector

Un total de 372 persoas mostraron o seu interese en participar nas actividades do programa “Empregatex” para recolocar a parados do téxtil, logo de cubrir as follas de compromiso que se repartiron nas catro xornadas formativas que se celebraron.

O programa Empregatex ten como obxectivo recolocar no mercado laboral ás persoas desempregadas do téxtil que quedaron sen un posto de traballo nos últimos nove meses. Trátase dun plan autonómico que lideran as consellerías de Traballo e Benestar e Economía e Industria, en colaboración coa Confederación de Industrias Téxtiles de Galicia (Cointega), patronal téxtil, que xunto cos sindicatos, UGT e CCOO, son parte executora deste programa, por acordo da Mesa do diálogo social, na que están presentes estes sindicatos e a CEG.

Entre os días 23 e 26 de marzo, realizáronse catro actividades informativas para dar a coñecer o proxecto e os seus obxectivos, e co fin de conseguir a implicación das persoas afectadas no sector. Estas xornadas tiveron lugar en Vigo, Lalín, A Coruña e Ourense, dado que son as localidades máis afectadas polas perda de postos de traballo no téxtil.

En total, preto de 500 persoas asistiron a estes actos, nos que se presentou o proxecto, os obxectivos e itinerarios previstos, así como se expuxeron as vantaxes de participar no mesmo e se resolveron as dúbidas dos asistentes. Ademais, neste tempo, tamén se puxo en marcha unha web www.empregatex.com onde se pode atopar toda a información do proxecto.

Se temos en conta os datos desglosados por cidades, das 372 persoas que cubriron as follas de compromiso, 199 fíxerono na Coruña; 96 en Vigo; 50 en Lalín e 23 en Ourense, ás que hai que sumar outras catro que foron enviadas por fax.

En canto a asistencia, dos máis de 500 persoas que acudiron ás xornadas, máis de 300 foron na Coruña; ao redor de 140 en Vigo; preto de 100 en Lalín e 40 en Ourense.

Ademais, a web recibiu en total 1.262 visitas entre o 12 de marzo e o 31 de marzo.

O proxecto
A través destas xornadas, empezou a primeira das catro fases para elaborar os itinerarios personalizados de cada unha das persoas desempregadas que participen na iniciativa, o elemento central do programa para asegurar a consecución dun posto de traballo. A continuación, manteranse reunións con asociacións e empresas de diversos sectores co obxectivo de crear unha rede de entidades implicadas na inserción das persoas desempregadas.

A terceira fase consistirá en realizar un diagnóstico personalizado de cada persoa para coñecer as súas posibilidades reais de incorporación ao mercado laboral. Farase especial incidencia nos desempregados de máis idade que queren seguir a traballar co obxectivo de contribuír a reducir o desemprego entre este colectivo.

Por último, deseñaranse os itinerarios de inserción laboral personalizados para determinar o programa no que pode encaixar cada persoa. Unha vez elaborados os itinerarios, poranse en marcha os diferentes programas para lograr o fin último, a inserción laboral.

Seis programas
Por unha banda, levaranse a cabo tres programas verticais (TexMellora, InsireTex e TexCreación), que serán temáticos o específicos enfocados a un grupo concreto de persoas en función das súas perspectivas. Por outro lado, realizaranse programas horizontais de reforzo (MoveTex, TexTic e TexConcilia), que incidirán na mobilidade, formación en novas tecnoloxías da información e comunicación (TIC) e na conciliación da vida familiar e persoal.

TexMellora son actividades deseñadas para orientar e recualificar ás persoas que perderon o seu emprego nunha determinada ocupación do sector téxtil cara a novas ocupacións de maior valor engadido dentro da profesión e que na actualidade están a emerxer, como son o deseño, a tecnoloxía ou a distribución, ou cara a ámbitos do sector que apenas se viron afectados pola crise.

Pola súa banda, InsireTex é un plan que está concibido para recolocar ás traballadores e traballadoras que perderon o seu emprego no téxtil, pero que teñen un determinado perfil profesional que lles permitiría reorientar o seu futuro profesional noutros sectores que están a xerar emprego, como por exemplo os servizos especializados e os sociais.

TexCreación, o terceiro dos programas verticais, ten como obxectivo motivar ás persoas que perderon o seu posto laboral cara á cultura emprendedora e á creación de emprego. Así, esta iniciativa inclúe actividades de promoción do autoemprego, de cooperativas e pemes en xeral e a posta en marcha de novas accións económicas dentro do sector da confección ou outros onde as competencias das persoas que forman parte do proxecto poidan ser de utilidade, ben en sectores produtivos ou de servizos.

(Xunta de Galicia)

ENLACE


   

El textil gallego lanza su ofensiva contra la crisis en China y México La Xunta lanza la I Guía de RSE para el sector textil LEER MÁS NOTICIAS DEL SECTOR
COMUNICADOS
Cointega ha recibido la resolución aprobatoria de las ayudas a las Agrupaciones Empresariales (Clústers) Innovadoras Convenio Textil-Confección 2011 - 2012 - 2013 LEER MÁS COMUNICADOS
DOSSIER DE PRENSA
Acotex impulsa la primera patronal de referencia para el negocio de la moda en toda España Graduación II Promoción Moda LEER MÁS DOSSIER DE PRENSA
Logo Xunta de Galicia – Consellería de Presidencia

Unión Europea – Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional

Plan Avanza – Ministerio de Industria, Turismo e Comercio
DISEÑO WEB